Produción audiovisual

Introdución


Nesta páxina aparecen algunhas das curtas feitas polo alumnado ao longo dos diferentes cursos académicos.
Como recurso educativo, as curtametraxes e vídeoclips son moi interesantes como ferramentas educativas porque traballan a aprendizaxe cooperativa, resultan moi atractivas para o alumnado e favorecen a súa mellora nas diferentes competencias.

Curso académico 2012/2013


CONCURSO ESCOLAR "O Parlamento de Galicia a túa casa. O Parlamento á escoita"

Ao longo deste curso, o alumnado de 3ºESO U realizou un traballo multimedia para presentar ao concurso que convocaba o Parlamento de Galicia baixo o lema "O Parlamento de Galicia, a túa casa. O Parlamento á escoita", no que trataron de facer chegar á dita institución a súa preocupación pola situación de crise actual. Acadaron o primeiro premio do concurso, pero, ademais, traballaron extraordinariamente ben en grupo, divertíronse e aprenderon moito sobre o rexistro formal, as formas e os tratamentos de cortesía, e, por suposto, sobre edición de vídeo e audio.
Aquí está o resultado:




CONCURSO ESCOLAR "Clases Sen Fume 2012-2013"

Con 1º ESO T participei neste concurso escolar que ten por finalidade combater o tabaquismo dende a adolescencia, facéndoo en positivo, a través da educación e dunha óptica positiva. Quedamos terceiros e fomos celebralo a Aquapark Cerceda, mágoa que o bo tempo non quixo acompañarnos!
Aquí está o noso vídeoclip:



OUTROS TRABALLOS AUDIOVISUAIS

Tanto na materia de Lingua galega e literatura como na de Educación para a Cidadanía, o alumnado tivo que realizar curtametraxes e vídeo-poemas que se presentaban como os respectivos traballos prácticos para as avaliacións.
Aquí deixo algún deles:





















Ningún comentario:

Publicar un comentario